Charlas con Sogama

O último día antes das vacacions non puido ser máis didáctica coas charlas impartidas por Sogama. Catuxa e Laura ademáis de regalos para tódos os rapaces e rapazas que asistiron, trouxeron unha boa dosis de realidade e consellos para todos nós. Tanto alumn@s como profesores aprendimos moitas cousas novas en relación coa reciclaxe, co proceso de separación de residuos e, o que é máis importante, en relación coa reducción do consumo para conseguir disminuir a cantidade de materia orgánica que se xenera nos nosos fogares.

Amosáronnos un pedaciño da planta selectiva de Sogama para que entendamos a importancia de separar ben nos contenedores adecuados e que, así,  o proceso de almacenaxe e selección sexa moito máis eficiente e menos contaminante. Quedounos ben claro que sé é importante reciclar, facelo ben é imprescindible.

Para rematar quédamonos coa frase “menos es máis”. Ainda que aplicable a moitos ámbitos da vida,  é fundamental neste momento da humanidade no que ó lixo empeza a afogarnos. Sexamos responsables para, con pequenos xestos, consumir menos e lograr da Terra un planeta máis sano.

Related Posts

Colegio Miraflores Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.