Marta Nóvoa: Deputada do Parlamento Galego

Dende a materia de Xeografía e Historia tivemos a sorte de desfrutar da charla que nos ofreceu Marta Nóvoa, membro do Parlamento Galego e da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo. Ademáis Marta é 1ª teniente alcalde en San Cibrao das Viñas e nai dun alumno da familia Miraflores.

Na sua presentación Marta explicoulle ós alumnos e alumnas de 2º da ESO o funcionamento do Parlamento de Galicia resolvendo as dúbidas sobre a elaboración e propostas das leis e os procedementos para a súa tramitación e posta en práctica.

Tras un pequeno debate no que tivemos a oportunidade de facerlle preguntas relacionadas coas infrestructuras, orzamentos, investigación e desenrolo, o tempo tamén foi suficiente para preguntarlle sobre as medidas que o goberno da Xunta de Galicia está a tomar para combatir a situación provocada polo covid-19.

Todo o noso agradecemento a Marta por compartir con nos a sua experiencia e coñecementos.

Gracias! 

Artículos relacionados