Concurso Microrrelatos 2022

No pasado mes de Novembro, dende o Equipo de Dinamización Lingüistica do Colexio, realizóuse un concurso co obxectivo de afianzar a escritura e a lectura na Lingua Galega, entre todos os nosos alumnos dende 5º de E. Primaria ata 2º de Bacharelato. Dito concurso consistía na elaboración dun microrrelato coa temática: «As Redes Sociais», no cal participaron moitos alumnos do noso centro, e especialmente de 6º de E. Primaria, resultando gañador o que se publica a continuación, sendo o seu autor; Miguel Fernández Fernández alumno de dito curso.

A entrega do premio fíxose co motivo da celebración do día das Letras Galegas 2023 no colexio.

O NENO VICIADO

Fabio era un rapaz que pasaba todo o tempo nas pantallas e nunca paraba de ver as redes para nada. Levaba o IPad incluso ao baño, á mesa…tamén á ducha.

Un día estaba tan tranquilo co IPad, e a súa nai entrou a súa habitación e díxolle: “-vou saír, quedas só na casa, vale?”. El asentiu ca cabeza e súa nai foise.

Pouco tempo despois Fabio chamou a súa nai usando o seu dispositivo e díxolle: -Que estas cociñando? Escoito moito barullo. Ela díxolle: Fabio, lembra que che dixen que quedabas só na casa, non me escoitaches antes?   -Como estas sempre co IPad… Nese momento foi cando o terror entroulle no corpo. Fabio colgou rapidamente e escondeuse baixo a cama, aterrorizado pensaba na súa cabeza “Se saio desta cada vez que miña nai entre no meu dormitorio vouna escoitar coa máxima atención.

Cada vez, Fabio escoitaba os ruídos máis e máis cerca ata ver como a porta da súa habitación se abría, entón, foi cando o viu. Era un home de máis ou menos uns 32 anos, levaba sudadeira negra cunha camisa gris. Estaba a punto de mirar baixo a cama ata que… O home caiu inconsciente no chan! Era a súa nai, que viñera o máis rápido posible ao escoitar que Fabio colgaba o teléfono. A súa nai mirouno e díxolle “-Non me des estes sustos, e préstame atención cando che falo”. “Agora vou chamar a policía para que veña levar a este delincuente”. A policía chegou e levou ao criminal. Desde ese momento, Fabio presta sempre atención cando lle falan. E agora,  nunca máis se volveu quedar só por medo a que volva a pasar.

¡NORABOA MIGUEL POR ESTE MERECIDO PREMIO!

 

 

 

Artículos relacionados

Leave a Reply