Os Proxectos en Educación Infantil

No segundo ciclo da etapa de Educación Infantil da nosa escola, unha das metodoloxías empregadas e con máis aceptación por parte dos nenos, é o traballo por proxectos. Este método de aprendizaxe leva a adoitar unha actitude diferente na aula, tendo en conta principalmente a escoita dos intereses dos nosos alumnos.

O inicio dos proxectos parten dunha asamblea común na que xorden preguntas e dúbidas con respecto a un tema que lles resulte motivador (que saben e que desexan saber). Esta será a base para comezar a investigar sobre el, e convertelo nunha experiencia de aprendizaxe e desfrute para eles. Como xa se sabe estes proxectos de traballo responden a unha concepción constructivista da ensino-aprendizaxe e teñen como finalidade aprender a organizar, comprender e asimilar a información.

Os alumnos son os principais protagonistas na súa aprendizaxe, traballando de forma cooperativa e compartindo ideas cos seus compañeiros quedando o papel do mestre relegado a favorecer a procura das solución que precisen e a crear un clima participativo na aula.

 

Artículos relacionados