Proxecto Interdisciplinar (OLIMPIADAS OURENSE 2092)

OLIMPIADAS OURENSE 2092

O pasado 29 de Novembro os alumnos de 3º de secundaria presentaron o seu proxecto interdisciplinar trimestral:

OLIMPIADAS OURENSE 2092

Facendo un guiño ás anteriores olimpíadas celebradas no noso país fai un século, os alumnos aproveitaron a organización ficticia de un evento deportivo de carácter mundial, para desenrolar un ABP (aprendizaxe baseado en problema) tentando buscar solución a un dos conflitos máis difíciles que ten a cidade e a provincia: O DESPOBOAMENTO DO TERRITORIO

Co obxectivo de favorecer o crecemento demográfico de Ourense, os rapaces tiveron que aplicar os coñecementos adquiridos nas materias de xeografía, historia e matemáticas, para enfrontarse a una reprodución topográfica da cidade e arredores .

E.S.O.

Nela, tiveron que modificar o relevo, para que puideran desenrolar actividades correspondentes ós tres sectores económicos, e favorecer así a permanencia da poboación.

Tan difícil era o reto que o traballo repartiuse entre eles, de tal xeito que a cada un correspondeulle unha tarefa na que tiñan que aplicar os contidos curriculares aprendidos durante o trimestre, e ao mesmo tempo, colaborar cos seus compañeiros para lograr o obxectivo dun crecemento demográfico estable.

Pola sua parte, Sara Rodríguez analizou as taxas demográficas actuais, interpretando gráficas de natalidade e mortalidade e facendo unha proxección de cara ós xogos olímpicos na que o crecemento vexetativo fora positivo, pasando dos 100.000 de hoxe ata o medio millón de habitantes.

Ana Regueiro enfocou o problema do avellentamento da poboación dándolle a volta: propoñendo a creación de emprego coa construción de toda una infraestrutura adicada á terceira idade: carreiras universitarias para formación de persoal, xeríatricos, asilos… poñendo como exemplo o éxito da cidade de Phoenix, nos Estados Unidos.

O problema da emigración foi analizado por Rebeca Sieiro quen fixo un balance dos fluxos de emigrantes galegos; os principais puntos de orixe e destino, o tipo de poboación que emigra e os problemas que isto supón para o deterioro económico do territorio ó provocar unha ruralización, da que Valentín Traveso quixo sacar proveito a través da modernización das tarefas agrícolas e gandeiras, e os beneficios económicos que pode aportar a paisaxe rural de cara a desenrolar unha rede turística sustentable e fiel.

OLIMPIADAS OURENSE 2092

Para darlle mobilidade e dinamismo a todas as propostas dos seus compañeiros, Javier Pereira  -nun alarde de creatividade e imaxinación-, presentou unha infraestrutura de vías e medios de transporte moi sofisticada: túneles, pontes, trens bala, drones e un “downtown” cheo de rañaceos no que o punto de referencia fora a JACK TOWER.

Finalmente Mónica Prieto foi a que nos ensinou de que xeito o PIB mostra o atraso ou desenrolo dun territorio e a importancia que ten a creación de actividades económicas para xerar emprego, comercio e recursos á poboación. En definitiva crear a riqueza e o benestar necesario para que a poboación non só se quede, senón que atraia ós de fora.

Bo traballo e parabéns a todo o grupo.

 

Artículos relacionados